O incremento da luz en tempos de confinamento- Artículo

ARTÍCULO- EL PAÍS 

(enlace ao artigo completo)

Como frear o incremento da luz en tempos de confinamento

Gabriele Ferluga Madrid
14 de abril 2020

Unha parte importante da poboación está confinada na casa. A maioría trasladou os consumos que realizaba fóra da casa por traballo, estudos, cociña, entretemento... ao seu fogar. Mentras que o consumo enerxético das empresas diminúe polo parón da actividade económica, nos fogares subiu un 18% de media.
⬆️
As familias están pagando máis pola luz, dende 8 ata 12 euros ao mes. Que consellos nos dan os expertos para non pagar de máis no suministro da luz?

Os cambios de rutina introducidos nas familias no estado de alarma foi notable. Comparando os datos dos clientes as enerxéticas sinalan que os españois levántase, de media, unha hora máis tarde. Cociñan máis na casa, o que se reflexa nun inusual pico de consumo ao mediodía, e un uso intensivo de portátiles, móbiles e iluminación.


Polo tanto, respecto a un día normal, o consumo dos fogares durante o confinamento incrementouse un 20,3%. O fin de semana a subida é menor, pero alcanza o 13,1%, xa que non hai saídas a cenar, ou ir ao cine, espectáculos, eventos deportivos...O efecto global pode supoñer uns 10 euros máis nas facturas da luz.

Por todo isto, a OCU (Organización de Consumidores e Usuarios), aconsella empregar tarifas nocturnas, nun horario dende as 23 horas ata as 13 horas (chamadas "horas val") cociñar sempre que se poida nese horario, poñer o lavalouzas e a lavadora antes das 13 horas, ou pola noite despois das 23 horas.
Ademais, nas cociñas, aproveitar o calor residual das potas, dos fornos, para terminar de cocer os alimentos e axustar o tamaño ao lume da vitrocerámica. Revisar, tamén, que a neveira cerre herméticamente.  Esas horas val tamén serán as mellores para recargar os dispositivos móbiles, tablets e consolas. Esto será un gran aforro. Non debemos esquecer o gasto por iluminación, que se pode reducir aproveitando ao máximo a luz do sol. 

Con estas medidas, poderiamos aforrar de 5 a 10 euros ao mes. 





ACTIVIDADES

1.    Une cada parágrafo coa parte que trata.



Conclusión, destaca o importante                             1º parágrafo
Argumentación, cambios nas rutinas                         2º parágrafo
Introdución, comeza o tema                                      3º parágrafo
Argumentación, consellos                                          4º parágrafo




2.    Escribe a idea principal de cada parágrafo.

3.    Responde.
Por que diminuíu o consumo enerxético nas empresas e subiu nos fogares?
Por que cres que os españois, de media, se levantan unha hora máis tarde?
Por que están as familias pagando máis pola luz?

4.    Elabora un esquema cos consellos para reducir o gasto da luz.

5.    Escribe un pequeno texto onde expliques como cambiou a túa rutina e que aparellos electrónicos empregas máis agora na casa.

Comentarios