Comprensión de texto 1º 2º ESO

A APARICIÓN DAS VACINAS



O uso das vacinas representou unha revolución no campo da medicina. Grazas a elas conséguese evitar que as enfermidades se propaguen. Este avance científico tivo unha orixe difícil, unha difusión rápida e, na actualidade, é imprescindible para combater moitas enfermidades.
A orixe das vacinas hai que buscalo nun feito curioso. Dende hai moito tempo sábese que as vacas sofren unha enfermidade chamada varíola do vacún. As vacas que están enfermas teñen ampolas nas ubres. As persoas que muxían ás vacas infectadas contraían esta enfermidade e tamén se lles enchían as mans e os brazos de ampolas cheas de pus.
Ampolas nas ubres.
Os médicos déronse de conta de que cando se producía unha epi­demia de varíola humana había persoas que non se contaxiaban desta enfermidade. Curiosa­mente, estas persoas eran as que anteriormente pade­ceran a varíola das vacas.

Edward Jenner, médico inglés, investigou as causas polas que as persoas que muxían as va­cas eran inmunes á varíola humana. Aproveitando que unha muller que muxía as vacas contraera a varíola do vacún extraeu lí­quido dunha das súas ampolas. Seguidamen­te fixo uns cortes superficiais no brazo dun neno e depositou neles unha parte do líquido extraído. Ó cabo dunhas semanas volveu  repetir o procedemento, pero esta vez puxo sobre os cortes do neno virus vivos da varíola humana. Sorpren­dentemente o neno non contraeu a enfermidade da varíola humana. Jenner descubrira unha técnica para evitar que as persoas contraesen a varíola humana, consistente en inxectar previamente virus da varíola das vacas. Ó principio a comunidade científica non aceptou o descubrimento de Jenner, pero, cando se demostrou a eficacia da técnica de vacinación, comezou a estenderse o seu uso por toda Europa e o número de persoas vacinadas contra a varíola aumentou rapida­mente. O achado de Jenner converteuse nunha das ferramentas máis eficaces utilizadas polos médicos.
Vacinación
Na actualidade, as vacinas son unha das armas máis poderosas para combater as enfermidades porque evitan que aparezan. Incluso nalgúns casos conseguiuse a completa desaparición de enfermidades, como a varíola. As vaci­nas son tan necesarias que moitas enfermidades (xarampón, rubéol­a, difteria, etc.) evítanse vacinando ós nenos cando son pequenos.

PASOS DO MÉDICO CON IMAXES:


   1º INVESTIGACIÓN, OBSERVACIÓN.        

2º EXTRAER O VIRUS.



3º INXECTAR O VIRUS EN NENOS.
4º NON ENFERMABAN.

Foto National Geographic






5º EXTÉNDESE A VACINACIÓN.



A) ESTRUTURA
1º.- Seguindo o texto enche os ocos coas palabras axeitadas.

Esta lectura trata de tres momentos importantes da historia das vacinas.

Se les o primeiro parágrafo do texto, descubrirás cales son eses momentos.



Orixes
Difusión
Actualidade
As vacas e as _______________
__________________________
Podíanse contaxiar de_________
Os enfermos de varíola _______
______________________ non contraían a _____________
_____________  descubriu unha
técnica para que as persoas ___
__________________________
__________________________
__________________________
Cando apareceu a técnica de Jenner, outros científicos _________________________________
___________________________
Pero posteriormente difundiuse __________________
por __________________
________________________________
E a técnica de vacinación revolucionou o mundo da ______
___________________________
As vacinas____________________
_____________________________
as enfermidades ou conseguen facelas_______________________
_____________________________
Tódolos ______________________
son vacinados cando son _______
____________________________
así se evitan enfermidades como ____________________________
____________________________


2º.-Volve ó texto e subliña de cor vermella a frase na que se resume a idea principal do texto.

3º.- Une cada parte do texto co parágrafo correspondente.

a) Difusión                                 PARÁGRAFO 1
b) Orixes                                    PARÁGRAFO 2
c) Actualidade                            PARÁGRAFO 3
d) Introducción                           PARÁGRAFO 4

B) RELACIONAR

4º.- Cando Jenner puxo nos cortes do neno os virus da varíola humana,
Por que non se contaxiou este neno? 
Elixe a resposta correcta.

O texto dinos que as persoas que muxían as vacas NON contraían a varíola humana posteriormente, cóntanos os experimentos que fixo Jenner para descubrir a técnica de vacinación.
Relacionando estes dous feitos atoparás a resposta á pregunta.

a) Porque o virus da varíola humana é menos perigoso que o das vacas.
b) Porque o neno non estivera en contacto co virus das vacas e non se puido contaxiar.
c) Porque o neno estaba inmunizado por estar en contacto co virus das vacas.
d) Porque ese neno xa fora contaxiado previamente pola varíola humana.

5º.- Por que se vacina ós nenos cando son pequenos?
_______________________________________________________________________________________________________________________________________________

6º.- Completa o seguinte esquema escribindo cada unha das seguintes ideas no recadro correspondente.


a) Experimentos de Jenner.                     
b) Creación das vacinas.
c) Diminúe o número de enfermos.                 
d)Desaparecen algunhas enfermidades.

e) Os gandeiros non padecían a varíola humana.
f) Os experimentos de Jenner fixeron posible a aparición das vacinas.
g) As vacinas tiveron unha orixe difícil.
h) Tódalas enfermidades desapareceron grazas ás vacinas.

9º.- Das ideas que seleccionaches na pregunta anterior,
Cal resume mellor o texto?
Escríbea.

Lembra que, moitas veces, a idea máis importante do texto non aparece escrita, senón que hai que descubrila relacionando distintas ideas do texto!


________________________________________________________________________________________________________________________________________________

10º.- Escribe coas túas propias palabras a idea que elexiches no exercicio anterior.



________________________________________________________________________

11º.-Completa os seguintes recadros coa idea que consideres máis importante. 
Es­críbea coas túas propias palabras, sen copiar frases do texto.

AS VACINAS
Orixe


Jenner


Comunidade científica


Actualidade



12º.-A continuación tes un resumo do texto.
Tacha as ideas que non deberían estar.

Lembra que os bos resumos só deben incluír as ideas importantes.

Non exemplos ou aclaracións.

As ideas deben estar ben relacionadas unas coas outras.

Cuadro de texto: Resumo

As vacinas convertéronse nun gran avance no mundo da medicina. A súa orixe, que é curiosa e sorprendente, está relacionada co feito de que as per¬soas que estaban en contacto coa varíola das vacas non se contaxiaban da varíola humana. A estas persoas enchíanselle as mans e os brazos de ampo¬las. Este feito levou a Jenner a realizar uns experimentos nos que se demostrou que se a un neno se lle inxectaba o virus das vacas non contraía a varíola humana. Este científico realizou uns cortes no brazo dun neno. Os achados de Jenner estendéronse rapidamente e foron o inicio das técnicas de vacinación. Actual¬mente, as vacinas son moi utilizadas polos médicos de todo o mundo, por exemplo para evita-lo o xarampón, a difteria, etc.

Comentarios