Texto Para Comprensión. Artigo sobre o "Phishing"

CASOS DE “PHISHING” COS QUE INTENTAN TIMARNOS NESTA CUARENTENA E COMO FACER PARA EVITALOS


 

Que é o “phishing”?

Imagen de Pixabay
Imaxe de Pixabay

É un termo informático que denomina ao conxunto de técnicas que pretenden enganar a unha persoa facéndose pasar por unha persoa, empresa ou servizo de confianza, para que revele información esencial co fin de roubarlle diñeiro, sabotar sistemas, instalar malware...

Imaxe de Pixabay

En España, dende a chegada do COVID-19, detectouse un aumento no número de timos e de casos de “phishing” que circulan pola rede para facerse cos teus datos e o teu diñeiro. Algunhas inclúen falsas promocións, ou falsas ofertas de traballo... Non piques!

Algúns exemplos de casos detectados son, por exemplo, bancos que piden por correo que verifiques a túa conta, pedindo os teus datos persoais. Outro correo electrónico que circula é un enviado, supostamente por Correos, no que che piden que pagues por un paquete que está esperando a entrega. Correos non envía mensaxes deste tipo nin pide pagar tasas a través de enlaces. Por WhatsApp circula unha campaña de Cáritas con axudas alimentarias, cuidado! Intentan facerse cos teus datos e os dos teus contactos. Na web aparece unha posibilidade de gañar 1.000 € participando nunha enquisa de Mercadona, tamén é un bulo. Ollo cun mail que circula de Netflix pedindo os teus datos bancarios para recuperar a túa conta, é “phishing” tamén. Así como un sms que promete 60 días de conexión a internet gratis pola cuarentena, non ten nada que ver coas operadoras telefónicas e segue o esquema phishing (levarte a outro enlace onde piden os teus datos persoais ou bancarios). 

Imaxe estafa de Pixabay

A continuación imos ler consellos a ter en conta fronte este tipo de timos.

 

En primeiro lugar, fíxate ben na dirección do correo electrónico, concretamente o que hai a partir da @. Despois comproba a que dirección web te leva e se realmente coincide co destinatario que di ser, se a url desta páxina non é da empresa que di ser non introduzas os teus datos. Ten en conta tamén, que se unha empresa non se dirixe a ti polo teu nome, cando se está a poñer en contacto contigo, ahí aparece outra razón de sospeita. Por último, contrasta sempre coas fontes antes de dar os teus datos.

 

En conclusión, sempre que teñas dúbidas cando recibas algo, podes poñerte en contacto coa propia compañía que manda a información e non dar os teus datos sen ter plena seguridade.

 

ACTIVIDADES

1.   Une cada parágrafo coa parte do texto que corresponde:


 

1º parágrafo

2º parágrafo

3º parágrafo

4º parágrafo

5º parágrafo

6º parágrafo

 

 

-Tesis, idea que se vai presentar

-Conclusión, parte final

-Introdución ao tema

-Argumentos que defenden a tesis

-Argumentación-consellos


 

 

 

2.   Completa o cadro coa variedade de exemplos atopados.

Canle

Empresa

Fraude

Correo electrónico

Bancos

Datos persoais

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3.   Elabora un esquema cos consellos para non caer neste fraude.

 

4.   Escribe conectores que atopes no texto.

Podes substituílos por outros similares?

 

5.   Pregunta na casa, ou por teléfono a outros familiares:

Algunha vez fuches vítima dalgún fraude?

De que tipo era? Por cal medio?

Resolución de ser o caso.

 

 


 

Comentarios