EXPLORACIÓN ESPACIAL- EMPREGAMOS CONECTORES
Lectura do texto.
As actividades están despois do texto.
Recordade buscar as palabras descoñecidas (portal das palabras ou RAG)
As actividades están despois do texto.
Os exploradores espaciais robóticos levan traballando no sistema solar máis de 30 anos. Denomínanse sondas espaciais. Con estas sondas vimos os desertos rochosos de Marte, por exemplo, un volcán activo na lúa de Xúpiter e o núcleo dun cometa. Co seu uso aprendemos moito do universo.
A maioría das sondas lánzanse dende cohetes, pero outras van a bordo de transbordadores espaciais, que son estacións espaciais que orbitan arredor da Terra. A diferencia do cohete, os científicos poden facer regresar o transbordador á Terra como si fose un planeador.
Cohete Estación espacial
A sonda unha vez liberada no espacio, comeza o viaxe ao seu destino, polo tanto a súa misión comeza á chegada. Primeiro acéndese o equipo científico que leva e logo comeza a investigar e mandar información. Esta tarefa terá a duración que sexa precisa para recoller todos os datos posibles. Finalmente, ao rematar o traballo, apágase e volve á Terra.
As sondas espaciais levan dentro todo o que necesitan para a misión, fontes de enerxía, pequenos cohetes para cambiar de dirección, e o equipo para rexistrar datos, xa que estarán moito tempo investigando.
Hai tres modos básicos nas que as sondas fan o seu traballo. A sonda de paso estudia o seu obxectivo voando xunto a él, as sondas Voyager 1 e 2 son as máis exitosas deste tipo.
As sondas orbitais colócanse na órbita do seu obxectivo, como a sonda Magallanes, que voando arredor de Venus reuniu todos os datos necesarios para facer un mapa do planeta.
Outra modalidade é a sonda de aterraxe. Esta sonda chega ao seu obxectivo, estaciona e traballa nel, por exemplo a sonda Galileo que estudou Xúpiter ou a sonda Cassini que estudou Saturno.
ACTIVIDADES
- Busca a idea principal de cada parágrafo.
- Para que cres que serven as palabras que están en negriña no texto anterior?
- Que pasa se as quitamos do texto?
- Podes cambialas por palabras que signifiquen o mesmo?
Os conectores son palabras ou expresións que usamos para relacionar ideas dentro dun texto.
Emprega a túa copia de conectores para as actividades.
1. Completa o texto cos seguintes conectores: é dicir, por exemplo, xa que.
A diferencia entre un transbordador e un cohete é a utilidade_________________ un transbordador pode ser empregado polos científicos e os cohetes non.
A sonda espacial leva fontes de enerxía, cohetes, e un equipo para rexistrar información, ____________________ todo o necesario para cumprir a misión.
Unha minisonda sepárase da sonda principal ao alcanzar o obxectivo, ______________ a sonda Cassini liberou unha na atmosfera de Saturno.
2. Le e marca.
A sonda unha vez liberada no espacio, comeza o viaxe ao seu destino, polo tanto a súa misión comeza á chegada.
O conector introduce:
- Unha aclaración.
- Unha consecuencia.
- Máis información.
As sondas orbitais colócanse na órbita do seu obxectivo, como a sonda Magallanes
O conector destacado:
- Introduce un exemplo.
- Amplía a información.
- Ordena os datos no tempo.
3. Busca os conectores temporais que aparecen no texto.
Escríbeos e propón outro conector que signifique o mesmo.






Comentarios
Publicar un comentario